O nome completo deste estudo realizado en 2022 e a súa actualización correspondente en 2023 é: “O financiamento da I+D no sector dos UAVs pola Unión Europea: estratexias, programas e convocatorias”.
A continuación, expóñense as diferentes partes que o compoñen, así como información de interese sobre o estudo.
O organismo ao cal se lle adxudicou a realización do estudo e a súa actualización é o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), cuxa páxina web é www.ctag.com.
O CTAG é unha entidade sen ánimo de lucro creada por diversas entidades públicas e privadas estreitamente relacionadas cos sectores de automoción e mobilidade galegos. A misión principal do Centro é “contribuír ao aumento da competitividade das empresas de automoción, mediante a apropiación e transferencia de tecnoloxías relacionadas, así como orientar e impulsar o desenvolvemento, a investigación e a innovación tecnolóxica no sector”.
A pesar de estar enfocada principalmente no mundo da automoción, CTAG é consciente do potencial da transferencia tecnolóxica bidireccional entre os sectores de automoción e aeronáutico. Exemplo diso é o feito de que nos últimos anos veu involucrándose en diferentes proxectos aeronáuticos de gran calado en Galicia, como son a Civil UAVs Initiative (CUI), promovida pola Xunta de Galicia, no marco da cal contribuíu ao desenvolvemento de sistemas electrónicos embarcados e diferentes tipos de ensaios de validación da man de Babcock, ou a Business Factory Aero (BFAero), iniciativa orientada a impulsar a creación e aceleración de empresas innovadoras na cadea de valor da industria aeroespacial de Galicia, da que o Centro é promotor. Tamén merece a pena destacar a participación do CTAG nos proxectos europeos Fortape (Investigación en sistemas integrados eficientes para a fabricación de compoñentes baseados en tapes unidireccionais para os sectores de automoción e aeronáutico, financiado pola convocatoria Factories of the Future FoF-02-2014, e Radiant Panel (Panel PTC, radiante, autorregulado, quentado e multifuncional), financiado pola convocatoria Clean Sky JTI-CS2-2017-CfP07-AIR-02-55.
Para este proxecto o CTAG dedicou un equipo de primeiro nivel con recursos expertos, dedicando a catro empregados pertencentes á División de Innovación Tecnolóxica do Centro, con perfís especializados en materia de I+D+i, tanto desde a vertente tecnolóxica como desde a de estratexia e xestión, e formación en diferentes ramas da Enxeñaría e a Xestión Empresarial. A continuación, achégase unha breve recensión curricular das persoas involucradas, que liderarán a execución dos estudos.
Enxeñeira Industrial, especialidade Automática e Electrónica (Universidade de Valladolid) e cun mestrado en Enxeñaría e Xestión de Automoción (UPC – Universidade Politécnica Cataluña). Conta con máis de 25 anos de experiencia no sector de automoción e mobilidade, especialmente no ámbito da investigación e desenvolvemento sobre tecnoloxías avanzadas. Actualmente é responsable da Dirección de Innovación Tecnolóxica do CTAG que inclúe, entre outros, a oficina de Proxectos Europeos, análises de oportunidades de financiamento público, xestión da carteira de proxectos de I+D do centro, etc. É ademais membro do Comité Executivo das aceleradoras BFAuto e BFAero e profesora no Mestrado de Enxeñaría de Automoción que se imparte na Universidade de Vigo. Ana participou tamén como experta na avaliación de diversas convocatorias europeas e nacionais de I+D.
Enxeñeira Industrial, con especialidade en Organización Industrial e mestrado en Tecnoloxías e Procesos na Industria do Automóbil. É responsable do Departamento de Vixilancia e Consultoría Tecnolóxicas do CTAG, con experiencia en definición de estratexias empresariais de I+D+i, xestión integral de proxectos e elaboración de estudos de vixilancia e prospectiva tecnolóxicas, actividades que desempeña desde hai máis de 12 anos. Laura participou activamente no desenvolvemento de diversas iniciativas relacionadas coa consultoría empresarial, entre as que destacan o Estudo Oportunidades Industria 4.0 Galicia, apoiado por IGAPE, para a detección e análise de oportunidades de aplicación de tecnoloxías emerxentes 4.0 na industria galega, ou o seu papel como mentora técnica nas aceleradoras BFAero e BFAuto.
Enxeñeira Industrial e experta en xestión da I+D+i, traballa na División de Innovación Tecnolóxica do CTAG desde o ano 2017. Lucía ten experiencia en consultoría de I+D, identificando e presentando proxectos a diversas convocatorias e programas de financiamento, da man da identificación de novas tendencias tecnolóxicas e a súa aliñación coas políticas e estratexias públicas de apoio á innovación.
Enxeñeira Técnica Industrial, posúe os títulos de mestrado en Innovación Industrial e Optimización de Procesos e mestrado en Enxeñaría da Automoción (ambos pola Universidade de Vigo). Conta con máis de 10 anos de experiencia na xestión de I+D+i, destacando entre as súas funcións dentro da Dirección de Innovación Tecnolóxica as actividades de: Intelixencia Competitiva e Prospectiva Tecnolóxica na industria da mobilidade; a procura de oportunidades de financiamento a nivel rexional, nacional e europeo; a definición, planificación e seguimento de proxectos; e a elaboración de informes ad hoc para empresas.
O estudo sobre o financiamento da I+D no sector dos UAVs, divídese nunha serie de obxectivos os cales se expoñen a continuación e cuxa finalidade principal é fomentar a actividade no sector aeroespacial, facilitando ás diferentes empresas involucradas o acceso aos proxectos de financiamento público existentes actualmente no sector. Entre estes obxectivos podemos atopar:
Para permitir o correcto cumprimento dos obxectivos anteriormente marcados foi necesaria a recompilación e organización da última información dispoñible sobre o ecosistema de I+D+i europeo no sector dos UAVs, identificando información cuantitativa e cualitativa.
Ademais, analizouse a información estatística relevante que permitiu caracterizar o sistema, proveniente de fontes como Eurostat. O cal permitiu localizar os diferentes plans e estudos relativos ao marco lexislativo de aplicación que poidan influír no desenvolvemento tecnolóxico, provenientes de fontes de referencia como a Axencia Europea de Seguridade Aérea e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea. Así como Plans e estudos relativos ao marco de planificación plurianual das políticas públicas de I+D+i como Horizon Europe e outros programas europeos relevantes, o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da economía española, ou o Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2020 2022 y 2023-2024.