Informe das contas anuais do sector

DESCRICIÓN

Este estudo titulouse: “Informe das contas anuais do sector aeronáutico galego” o cal ten unha primeira versión 2015-2021 e unha actualización realizada en 2023.

Adxudicatario

O organismo ao cal se lle adxudicou a realización do devandito estudo é o o Grupo de Investigación de Empresa Internacional e Intanxibles da Universidade de Vigo, (EF5), cuxa páxina web é www.ef5.com.

Este é un grupo de 15 investigadores, con gran experiencia na realización de artigos académicos no ámbito da empresa e a análise de contas sectoriais. Concretamente entre os seus campos de investigación é posible atopar temas tan diferentes como:

Concretamente entre os seus campos de investigación é posible atopar temas tan diferentes como:

Os seus investigadores están altamente cualificados e ao longo da súa vida académica participaron en variedade de artigos académicos, papers e informes especializados, o que os acredita como expertos na materia.

Entre algúns dos seus servizos ofertados é posible atopar:

Equipo investigador

O equipo investigador estará formado por Carlos María Fernández-Jardón Fernández, catedrático de Economía Aplicada, e Francisco Xavier Martínez Cobas, profesor titular de Economía Financeira e Contabilidade.

Carlos María Fernández-Jardón Fernández

O Dr. Fernández-Jardón é Catedrático de Econometría na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Anteriormente, foi profesor de Estatística da Empresa na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Econometría na Universidade de Navarra e profesor de Métodos Cuantitativos da Escola de Negocios Caixanova. Na súa formación, é doutor en Matemáticas e doutor en Economía pola Universidade de Navarra. MBA executive de Caixanova Business School e ten un mestrado en Xestión do Coñecemento pola Universidade Autónoma de Madrid. Ao longo da súa traxectoria profesional realizou numerosas investigacións no campo da Economía Aplicada e da Empresa. Colaborando en múltiples proxectos de investigación sobre plans estratéxicos do territorio e sobre cadeas de valor empresariais, singularmente en Galicia, na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e na tripla fronteira entre Arxentina, Brasil e Paraguai.

Francisco Xavier Martínez Cobas

Xavier Martínez é actualmente profesor titular de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Vigo. Docente no Máster de Comercio Exterior da Universidade Carlos III de Madrid. Conselleiro na Editorial Galaxia e membro dos padroados da Fundación Isla Couto e da Fundación Penzol. Anteriormente, foi vicerreitor de relacións institucionais da Universidade de Vigo (2003-2006), director xeral do Real Club Celta de Vigo (2006-2007), e comisionado de plans estratéxicos na Universidade de Vigo (2010-2018). Na súa formación é doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo e ten un mestrado en Contabilidade e Auditoría de Contas pola mesma universidade. As principais liñas de investigación son as pequenas e medianas empresas e a xeración de valor social. Foi profesor ou investigador visitante na Cátedra Bombardier (Trois Rivières, Québec, Canadá), a Universidade Gaston Dachary (Arxentina), a Universidade Católica de Mozambique e a Universidade Libre de Bolzano (Italia), así como docente nos mestrados das Universidades de Deusto e As Palmas.

Resumo do estudio

O estudo divídese en 5 puntos nos cales teñen como obxectivo final un estudo exhaustivo das contas do sector en Galicia. Eses cinco puntos a analizados son os seguintes:

1. Determinación do universo de compañías incluídas na cadea de valor do sector aeronáutico en Galicia.

O concepto de cadea empresarial xorde da combinación do concepto de cadea de valor co territorio. O modelo de cadea empresarial fai uso dun proceso ao longo do cal se xera valor para o cliente final. En cada fío da cadea, o valor increméntase coa chegada de diferentes fontes que, combinadas, xeran unha sinerxía. Estas fontes poden proceder da transformación do produto principal, da súa combinación con outros produtos complementarios ou do seu efecto conxunto de ambos. Para iso é necesario empregar os equipos e tecnoloxías axustados ao proceso e contar cos servizos de apoio que enriquezan ao produto ou servizo final. O obxectivo deste apartado foi determinar os compoñentes da cadea de valor aeronáutica en Galicia e detectar os elementos que a compoñen, para definir as empresas que interveñen no proceso de transformación da aeronáutica galega.

2. Análise da estrutura de contas das compañías (2015-2022)

Neste apartado realizouse unha análise clásica de cocientes con base en balance e na conta de resultados das empresas con presenza na cadea de valor.

A primeira dificultade foi a localización completa de todas e cada unha das empresas na cadea de valor. Esta dificultade agrávase debido a que a maior parte das empresas que se tratan non son localizables como código CNAE primario no 3030 (Construción aeronáutica e espacial e a súa maquinaria), por dous motivos: pola propia definición de cadea de valor e porque, en Galicia, case todas as empresas teñen actividade previa, xeralmente vinculada a outras industrias metálicas, con outros CNAE primarios.

Unha vez determinado o conxunto de empresas que se van tratar, a análise das súas contas representa ao conxunto da actividade económica que desenvolve en conxunto. A obtención das contas realizouse a partir da información depositada no Rexistro Mercantil polas compañías, ben directamente ou ben a través de bases de datos solventes na calidade da información financeiro-contable.

3. Determinación da parte aplicable ao sector aeronáutico dentro das contas das compañías.

Débese ter en conta que, polo devandito anteriormente, a actividade aeronáutica é, con frecuencia, parcial dentro destas empresas, polo que tan só unha parte dos seus activos e facturación son atribuíbles á cadea de valor aeronáutica.

Para calcular apropiadamente as variables vinculadas á cadea de valor aeronáutica, foi preciso contactar a todas e cada unha das empresas, para estimar a participación efectiva desta cadea de valor dentro das contas de cada compañía.

A partir das respostas, e do traballo de estimación que se realizou, foi posible ter unha medida do tamaño real da cadea de valor.

4. Análise da estrutura das contas do sector aeronáutico en Galicia (2015-2022)

Unha vez realizado o paso anterior, procedeuse a analizar de novo os estados contables das empresas, na parte que se estime correspondente á cadea de valor aeronáutica.

Elaboración das razóns necesarias cunha desagregación sectorial de acordo coa CNAE, para a toma de decisións estratéxicas das empresas do sector aeronáutico en Galicia. Esta segunda análise de contas permitiu axustar o alcance específico do sector aeronáutico en Galicia.

5. Actualización da información e análise das contas das empresas e do sector (2015-2022).

Dados os prazos indicados para a realización do traballo, consideramos que só será posible acceder a datos correspondentes ao exercicio 2020 e anteriores para o conxunto das empresas, dados os prazos legais de aprobación e de presentación dos estados contables na lexislación española.

This site is registered on wpml.org as a development site.