A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Rozas (Castro de Rei) nunha xornada para dar a coñecer ás empresas e centros de coñecemento galegos a liña de apoios do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) para proxectos de I+D+i no sector aeronáutico.
O próximo luns, día 13, celebrarase unha xornada na que se presentarán os programas de I+D+i de Airbus, Babcock e Telespazio, da man das propias compañías e dos seus consorcios.


